Main menu

Pode descargar os documentos relacionados coa ANTA-La Esteva:

Tríptico:

Cara 1

Cara 2

 

Que é ANTA - La  Esteva?

A Asociación Nacional de Tracción Animal (ANTA-La  Esteva), é unha asociación sen ánimo de lucro que nace en decembro do 2012 da confluencia dun amplo número de persoas de todo o estado español que pretenden impulsar a idea dunha utilización moderna da tracción animal como posibilidade e alternativa válida desde os puntos de vista agronómico, económico, social, cultural e enerxético.
Pretende agrupar tanto a persoas físicas como xurídicas que queren contribuír a acadar eses obxectivos  dende orixes moi diversas pero complementarios: o ámbito agrícola, o gandeiro, o veterinario, o do ferraxe, o dos centros de formación, o da dinamización do medio rural, da guarnicionería, da doma, dos fabricantes de ferramentas, do ámbito técnico-científico, etc…
Vincúlase dende as súas orixes coa Asociación Portuguesa de Tracción Animal (Aptran) e á Federación Europea (Fectu), e aspira a relacionarse con calquera entidade internacional que traballe para os mesmos fins.

Cales son os seus obxectivos?

Os fins da Asociación son os seguintes:

  1. Dignificar e profesionalizar o traballo con animais.
  2. Divulgar as formas de traballo con tracción animal moderna.
  3. Asesorar e apoiar ás persoas que queiran introducir estas formas de traballo nas súas actividades agropecuarias ou noutros sectores de actividade susceptibles de ser empregadas.
  4. Traballar por unha agricultura máis lóxica e ecolóxica, na cal a tracción animal convértase nun factor determinante na transición agroecolóxica.
  5. Destacar as bondades que a tecnoloxía de tracción animal ofrece como fonte de enerxía renovable, e promover sistemas de produción eficientes enerxéticamente, nos que a tracción animal sexa unha das fontes de enerxía aportadas.
  6. Promover as políticas e accións que se baseen no respecto do legado cultural local/rexional.
  7. Formular recomendacións que permitan a inclusión do concepto da tracción animal moderna nas políticas e estratexias de desenvolvemento rural nacionais e rexionais.
  8. Promover a relación, colaboración e intercambio de experiencias con outras organizacións nacionais e internacionais con obxectivos afines aos desta asociación.
  9. O estudo, conservación e promoción das razas e estirpes máis aptas para a tracción animal.
  10. Fomentar a selección de razas e liñas de animais de traballo.

Todo isto dende unha ética de coidado ás persoas, aos animais, ao medioambiente e aos traballos e funcións que con eles se poden desenrrolar.

A través de que ferramentas?

Para a consecución destes fins,  levaranse a cabo as seguintes actividades e recursos:

  1. A celebración de Cursos e Xornadas Técnicas sobre a tracción animal.
  2. A articulación e xestión dunha rede de Leiras Colaboradoras, que sirva para profundar na formación e adquisición de habilidades en tracción animal. (Enlace á páx. De leiras colaboradoras)
  3. A celebración de encontros de autoformación entre as persoas asociadas.
  4. A creación e mantemento dunha base de datos de recursos necesarios para o desenvolvemento da tracción animal. (Base de datos)
  5. O estudo, desenvolvemento e adaptación dos apeiros e utensilios empregados en tracción animal.
  6. A xestión de libros xenealóxicos de razas das especies animais orientadas á utilización en tracción animal, para as que non exista xa unha entidade xestora.
  7. Promover a homologación da formación nas distintas disciplinas relacionadas coa tracción animal.

Podo participar como socio nesta asociación?

Calquera persoa física ou xurídica que comparta os seus fins e que acepte os seus estatutos (enlace á páx. dos estatutos), pode integrarse como socio en Anta-A Esteva, con algunha das seguintes posibilidades:

  1. Socios de número, que poden ser tanto persoas físicas como persoas xurídicas.
  2. Socios de Honor, os que polo seu prestixio ou por contribuír de modo relevante á dignificación e desenvolvemento da Asociación, fáganse acreedores a tal distinción.
  3. Socios colaboradores, os que, compartindo os fins da Asociación, queiran colaborar coa mesma para proxectos específicos e de mutuo interese para ambas partes. A colaboración realizarase nos términos que acorden entre as partes a condición de que non sexan contrarios aos principios desta Asociación.
  4. Socios simpatizantes, aquelas persoas afines aos principios desta Asociación que desexen participar en actividades do seu interese, sen integrarse no funcionamento da Asociación.

 

As cotas anuais establecidas son para as categorías de Socio de Número e Socio Simpatizante.

Socio de Número Persoa Física:

  Cota anual
Socio de Número Principal 50 €
Socio secundario 1 40 €
Socio secundario 2 35 €
Socio secundario 3 30 €
Socio secundario 4 y siguientes
25 €

 

Socio de Número Persoa Xurídica:

  Cota anual
Socio de Número Principal 60 €
Socio secundario 1 40 €
Socio secundario 2 35 €
Socio secundario 3 30 €
Socio secundario 4 y siguientes
25 €

 

Socio Simpatizante: 20 € anuals

 

Podes descargar os estatutos da asociación no seguinte enlace:

ESTATUTOS

Podes baixar as actas da asociación nos seguintes enlaces:

Actas Asamblea Constituyente

Acta 1_2013

Acta 2_2013

Acta 3_2013

ACTA Asamblea General 2013

Acta 1_2014

ACTA Asamblea General 2014

ACTA Asamblea General 2015

ACTA Asamblea General 2016

 

A Xunta Directiva está formada por:

Coordinador Xeral: Abel Ibáñez Martí

Coordinador de Organización: Cesc Aldabó Fernàndez

Tesorero: Bernat Torras Navarro

Coordinador de Comunicación: Alfred Ferrís García

Vocales: Luís San José García, Guillermo Ceresuela Herráiz, Ferran Argilés i Sas.

 

Se compartes as ideas de ANTA-La  Esteva e queres apoiala,por favor cubra o seguinte formulario e prema no botón "Enviar".

 

Calendario de eventos