Main menu

Obxectivos e ferramentas

Cales son os seus obxectivos?

Os fins da Asociación son os seguintes:

  1. Dignificar e profesionalizar o traballo con animais.
  2. Divulgar as formas de traballo con tracción animal moderna.
  3. Asesorar e apoiar ás persoas que queiran introducir estas formas de traballo nas súas actividades agropecuarias ou noutros sectores de actividade susceptibles de ser empregadas.
  4. Traballar por unha agricultura máis lóxica e ecolóxica, na cal a tracción animal convértase nun factor determinante na transición agroecolóxica.
  5. Destacar as bondades que a tecnoloxía de tracción animal ofrece como fonte de enerxía renovable, e promover sistemas de produción eficientes enerxéticamente, nos que a tracción animal sexa unha das fontes de enerxía aportadas.
  6. Promover as políticas e accións que se baseen no respecto do legado cultural local/rexional.
  7. Formular recomendacións que permitan a inclusión do concepto da tracción animal moderna nas políticas e estratexias de desenvolvemento rural nacionais e rexionais.
  8. Promover a relación, colaboración e intercambio de experiencias con outras organizacións nacionais e internacionais con obxectivos afines aos desta asociación.
  9. O estudo, conservación e promoción das razas e estirpes máis aptas para a tracción animal.
  10. Fomentar a selección de razas e liñas de animais de traballo.

Todo isto dende unha ética de coidado ás persoas, aos animais, ao medioambiente e aos traballos e funcións que con eles se poden desenrrolar.

A través de que ferramentas?

Para a consecución destes fins,  levaranse a cabo as seguintes actividades e recursos:

  1. A celebración de Cursos e Xornadas Técnicas sobre a tracción animal.
  2. A articulación e xestión dunha rede de Leiras Colaboradoras, que sirva para profundar na formación e adquisición de habilidades en tracción animal. (Enlace á páx. De leiras colaboradoras)
  3. A celebración de encontros de autoformación entre as persoas asociadas.
  4. A creación e mantemento dunha base de datos de recursos necesarios para o desenvolvemento da tracción animal. (Base de datos)
  5. O estudo, desenvolvemento e adaptación dos apeiros e utensilios empregados en tracción animal.
  6. A xestión de libros xenealóxicos de razas das especies animais orientadas á utilización en tracción animal, para as que non exista xa unha entidade xestora.
  7. Promover a homologación da formación nas distintas disciplinas relacionadas coa tracción animal.

Calendario de eventos