Main menu
Domingo, 01 Setembro 2013 07:17

Constitución de ANTA-La Esteva

Os promotores e profesionais da tracción animal moderna organízanse.

 

Unha veintena de persoas vidas de toda a Península Ibérica participaron na reunión constituínte da Asociación Nacional de Tracción Animal -La Esteva.
O fin de semana do 14 ao 16 de decembro ha ter lugar en Serrada da Fonte (Sierra Norte de Madrid) a reunión de constitución de ANTA - La Esteva. O acto reuniu a agricultores, técnicos e afeccionados de toda a Península Ibérica. Tamén asistiron representantes de grupos e asociacións de diversos ámbitos xeográficos: A RETRANCA catalá, a asociación portuguesa de tracción animal (APTRAN) e Estremadura Sa.
A asociación proponse dignificar e profesionalizar o traballo con animais e divulgar a tracción animal moderna, en auxe noutros países como Bélgica, Italia, Alemania, Reino Unido, Estados Unidos ou Francia. Neste último calcúlase que hai uns 1.000 cabalos traballando regularmente sendo habitual nas viñas ata nalgúns casos de xeito obligatoria por exemplo en zonas forestais protexidas.
Entre as actividades que ANTA A Esteva se propón organizar están a celebración de cursos e xornadas en vista da alta demanda existente; a articulación dunha rede de leiras colaboradoras para profundar no saber facer; e facilitar os medios necesarios para que a tracción animal sexa unha realidade factible en pleno século XXI: formación homologada, acceso a subvencións, ferramentas e apeiros, etc.

Calendario de eventos